A CIG chama a derrogar xa a reforma laboral e advirte contra a política de xestos do Goberno Sánchez
SOCIAL
Xornada de mobilización nacional

A CIG chama a derrogar xa a reforma laboral e advirte contra a política de xestos do Goberno Sánchez

A principal mensaxe que enviou a CIG coas súas mobilizacións desta cuarta feira nas cidades galegas é que o novo goberno español debe pasar dos xestos aos feitos. Se o PSOE conseguiu apoios suficientes para derrubar o Goberno Raxoi vía moción de censura, debe facer o propio para botar abaixo xa a reforma laboral. Así o defendeu Paulo Carril, o secretario xeral da central nacionalista, durante a súa intervención na concentración realizada na Coruña. "Goberne quen goberne, a CIG non se vende" foi un dos cánticos estreados pola central nacionalista nestas mobilizacións. Un claro recado ao novo executivo estatal.


Agora
O Gardarríos representa a conciencia e a entrega política
MEMORIA
Fernanda Cedrón, neta do guerrilleiro Luís Trigo Chao

'O Gardarríos representa a conciencia e a entrega política"

Fernanda Cedrón Trigo é a neta maior de Luís Trigo Chao ‘O Gardarríos’, o máis lembrado guerrilleiro das terras do norte. Na súa condición desenvolveu e desenvolve unha intensa labor na recuperación da loita do seu avó, ao tempo que participa de xeito decidido na restauración da memoria daqueles que loitaron contra o franquismo. Falamos con ela do seu avó e da homenaxe á súa memoria que este sábado 23 de xuño se vai realizar en Mondoñedo (Casa da Xuventude, 12 h) e Vilanova de Lourenzá (cemiterio, 17.30 h) coincidindo co setenta aniversario do seu asasinato.


En foco
A enciclopedia secreta
CULTURA
A Deputación de Lugo rescata 'O libro dos nenos' de Antía Cal

A enciclopedia secreta

Na longa noite de pedra había candeas acesas. Pequenos puntos de luz que resistían a escuridade. Contra a historia oficial, construían un país. Unha das luces máis intensas prendeuna a pedagoga Antía Cal, cuxa enciclopedia infantil O libros dos nenos, inédita nos 50, rescata agora a Deputación de Lugo.
 



Redes
FB SERMOSGZ
 

SermosGZ


De Saída
Accesíbel Jules Verne
CULTURA
Primeira colección en galego de lectura fácil

Accesíbel Jules Verne

As aventuras subacuáticas do Capitán Nemo abrirán a primeira colección en galego de lectura fácil. Adaptado pola Asociación Xoán XXIII de Pontevedra, as 20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de Jules Verne publicado orixinalmente entre 1869 e 1870, abrirá unha serie de seis títulos que, da man da Editorial Galaxia, achegarán os libros a persoas con dificultades lectoras transitorias ou permanentes.
 

Profesoras galegas apoian un manifesto para unha revisión federal da Constitución
POLÍTICA

Profesoras galegas apoian un manifesto para unha revisión federal da Constitución

“Se foi posible modificar a Constitución para recoñecer o dereito de sufraxio pasivo de quen ostentan a cidadanía europea ou para estabelecer unha nova regra de déficir, con maior razón deberiamos poder reformar a Constitución de 1978 en sentido federal”. Este é o corazón do manifesto Renovar o pacto constitucional, promovido por significativos profesores universitarios do Estado. Entre eles, varias galegas e galegos.
 


Humor
x