A Galiza mobilízase contra o feminicidio

O movemento feminista galego convocou na tarde da terza feira 23 de xullo máis dunha vintena de mobilizacións en todo o país en repulsa da última vítima do feminicidio. María foi asasinada presuntamente polo seu ex marido, que se suicidou, no barrio da Guadalupe, en Vilalba. Sobre o home, de 50 anos, pesaba unha orde de afastamento por unha denuncia da vítima por malos tratos. Atopábanse en trámites de divorcio.

María é a segunda vítima galega do feminicidio en 2019, após o caso da muller de Valga asasinada pola súa ex parella, que tamén se suicidou.