Chick Corea volve a Galiza con The Vigil

Chick Corea volve a Galiza con The Vigil
Chick Corea e The Vigil
Chick Corea e The Vigil  

Chick Corea volve a Galiza cunha banda de músicos novos, The Vigil. Estará este domingo 8 no Palacio da Ópera da Coruña.


Ten 74 anos pero non abandona a estrada para chegar a novos públicos que seguen a descubrir a un dos máis imaxinativos e inquedos compositores e pianistas de jazz. Agora anda a percorrer Europa compaxinando a súa asociación co 'banjo' Béla Fleck coa banda 'The Vigil', coa que formará na Coruña. 

The Vigil é un grupo de músicos novos dos que o propio Corea confesa que aprende todos os días e que o manteñen na onda máis contemporánea. Eles son o saxofonista e frautista Tim Garland; o guitarrista Charles Altura; o contrabaixo cubano Carlitos del Puerto; o baterista Marcus Gilmore; e Luisito Quintero á percusión. Corea publicou con eles en 2013 o álbum 'The Vigil'.

Prolífico onde os haxa, Corea ou grava ou xira ou gaña Grammys (ten 22 na súa colección). Leva 88 álbums publicados (oitenta e oito) desde 1966, logo de ter formado parte da banda de Miles Davis. O último, 'Two', a catro mans con Béla Fleck este mesmo ano, un dobre CD gravado en directo que sorprende pola sonoridade que xorde ao mesturar cun instrumento pouco habitual no jazz, o banjo. 
 

Chick Corea & the Vigil from Chick Corea on Vimeo.



x