MÚSICA EN GALEGO

O galego pide paso nos escenarios: Narf, Caxade, O Leo e Superoito no IV Galegote rock

O galego pide paso nos escenarios: Narf, Caxade, O Leo e Superoito no IV Galegote rock
O Leo
O Leo  

Pontevedra acollerá do 13 ao 16 de maio actuacións de solistas e conxuntos de diferentes traxectorias e estilos que apostan por se expresar no idioma propio. Actuacións ao vivo, gratuitas e en diferentes localizacións da cidade.


Antón Reixa chamaba -aló polos principios dos 90- a fundar unha Internacional de grupos que “cantamos en raro”, unha federación inter-solidaria de conxuntos que se expresaban en linguas ‘minorizas’ fose esta o galego, o euscaro, o gaélico ou o tamazight. A idea non prosperou, o mundo cambio abondo mais cantar en galego segue a ser -para [email protected] cantar “en raro”. Para rachar con iso naceu o Galegote en Pontevedra, impulsado pola Concellería de Normalización Lingüística e que este ano chega á súa IV edición.

O Galegote deste 2015 decorrerá do 12 ao 16 de maio e permitirá gozar nos escenarios de cantantas e grupos de estilos distintos e variados: De Narf e Caxade a Superoito e Martelo, pasando polo Leo i Arremecaghoná e Os Amigos dos Músicos. O jazz terá o seu protagonismo con David Regueiro Swingtet. Querido extraño e Mike Grelo conforman a representación local.

Ademais, dous grupos portugueses (The birds are indie e A Jigsaw) súmanse a esta quinta edición, que decorrerá en diferentes emprazamentos da cidade e será con carácter gratuíto para así achegar a música en galego ao maior número de persoas posíbeis.

Sala Karma, El Pequeño, Cervecería Trueque, La Gramola, O Grifón, Lusco e Fusco, ademais da Praza de Méndez Núñez e a de Cinco Rúas serán os escenarios da iniciativa.



x