Volve o Treme a Terra!: novo formato para un festival histórico

Volve o Treme a Terra!: novo formato para un festival histórico

Con 16 edicións ás costas, e varios anos de 'silenciamento' obrigado, Pontedeume volve acoller esta fin de semana unha cita obrigada. Nesta ano, en chave feminina: documentais, concertos..


“Somos unha asociación sen ánimo de lucro. Ningunha de nós cobra un só euro. O que recadamos vaise de xeito íntegro no financiaciamento das actividades e nos gastos lóxicos de xestión. O programa de actividades que propoñemos xira sobre un eixo fundamental de traballo, que non é outro que promocionar a cultura e a lingua propias da Galiza”. O colectivo Terra é o impulsor do festival Treme a Terra!, unha cita que acumula 16 edicións e que volve neste 2015 após varios anos de 'silenciamento' obrigado.

Vai ser esta fin de semana e na sala Coliseo de Pontedeume e o alicerce sobre o que pivote vai ser o feminismo. Presentarase o proxecto Fiadeiras e do seu traballo Machismos: de micro nada. Será ás 19:30  na mesma sala. Despois da presentación e arredor das 21:00 comezará a música. Tócalle abrir a Sofía Espiñeira, cantautora mugardesa que gañou o II Concurso decanción de autor en galego do concello de Teo. A continuación subirán ao escenario Uxía e Narf que estarán acompañados de Luiz Caracol. E para pór o ramo, nada mellor que a enerxía de The Tetas´Van



x