CURSO DE FOTOGRAFÍA NOCTURNA

Petróglifos baixo "flash" en Campo Lameiro

Petróglifos baixo "flash" en Campo Lameiro
Fotografíanocturnapetroglifos
Fotografíanocturnapetroglifos  

O Parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro acollerá a noite do 12 de setembro un curso de fotografía nocturna co emprego de flash para a captura da imaxe.
 


O vindeiro 12 de setembro (sábado) o Parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro organiza un concurso de fotografía nocturna co emprego de flash. "Esta técnica fotográfica aplicada aos petróglifos consegue detectar con mellor claridade os sucos na rocha, permitindo identificar con maior nitidez os motivos e localizar novos petróglifos", sinala a organización.

O curso de “Iniciación á fotografía nocturna de petróglifos” será impartido por dous dos máximos expertos na materia: Fran Ameixeiras e Luís Leclere. Poderán participar todas aquelas persoas interesadas e cuns coñecementos básicos de fotografía. As reservas tramitaranse por orde de entrada no seguinte correo electrónico [email protected] ou no teléfono 986 696 066. A data límite para a inscrición no curso é o 8 de setembro.



x