Non ao neoliberalismo


Non ao neoliberalismo

Nestes tempos de Hexemonía Neoliberal e de auxe da economía de mercado todo se mide dende o rasero económico, as relacións humanas mercantilízanse e predomina o individualismo salvaxe , o beneficio económico e as ganancias das grandes transnacionais por riba da vida humana, dos dereitos humanos, da solidariedade internacionalista, da xustiza social e do medioambiente.

Predomina a financiarización da economía, o predominio do mundo das finanzas e o individual sobre o colectivo nun pensamento único imposto como se non houbese alternativa.

As democracias baléiranse de contido, os dereitos quedan reducidos a ser meras mercancías e a obxectos de consumo exemplo de sociedade de mercado na que terán dereitos que poida pagalos, predominando o privado sobre o público .

Os Estados quedan reducidos a mínima expresión para ter menos Estado e máis mercado e para acabar co papel regulador dos estados pra contribuír a acabar coas desigualdades sociais.

O obxectivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos , o poder político está subordinado ao poder económico, mandan as grandes transnacionais e quen non se presentan as eleccións democráticas (grandes empresas, oligarquías financeiras, elites económicas), a cidadanía e os dereitos son percibidos como meras mercancías intercambiables, as organizacións políticas socialdemócratas ou supostamente de esquerdas non son tales convertéronse en produtos de consumo e de marketing e derivaron en socialliberalismo, os medios de comunicación son meros altofalantes e correas de transmisión dos intereses da banca, das grandes empresas e das elites financeiras e interesa conformar unha cidadanía apática, manipulábel, insolidaria, consumista e empresaria de si mesma e competindo continuamente e constantemente nun salvaxe darwinismo social.

Unha Sociedade Neoliberal baseada nunha economía de mercado precisa conformar persoas neoliberais, profundamente individualistas, capitalistas consumistas, mercantilistas, utilitaristas, narcisistas, egocéntricas, caldo de cultivo dun perigoso fascismo social.

O Neoliberalismo non è so un proxecto económico senón cultural, político, social, ao servizo dos intereses de clase dunha minoría privilexiada (loita de Clases) senón que é tamén un proxecto profundamente imperialista para facer impoñer os intereses económicos, xeoestratéxicos, políticos, mediáticos, militares, empresariais e de clase dunhas nacións sobre outras e para someter non só unha clase social sobre outra, senón unhas nacións sobre outras (imperialismo puro e duro).

O Neoliberalismo colonizou todo, dende as mentes ata todos os lugares de socialización, converteuse nun sentido común nun mundo onde cada día se incrementan máis e máis as desigualdades sociais por decisións políticas e o poder e a riqueza concéntranse cada vez en menos mans.

O Neoliberalismo, que è a ideoloxía do Capital, estende os seus tentáculos non só a intelectuais orgánicos ao seu servizo (xornalistas, tertulianos, dirixentes políticos) senón tamén aos medios de comunicación de masas, á universidade, ás escolas, ás institucións públicas, ás administracións, ás organizacións políticas supostamente de esquerdas (exemplo os partidos socialdemòcratas), ás organizacións sindicais supostamente de clase traballadora, á prensa escrita, programas de TV, da radio, xornais, revistas, redes sociais…