NO MARCO DE MOBILIZACIÓNS INTERNACIONAIS

Máis de 500 persoas protestan en Vigo contra a ditadura do capital

Máis de 500 persoas protestan en Vigo contra a ditadura do capital
[Imaxe: @Jud_Ecoar]
[Imaxe: @Jud_Ecoar]  

Coincidindo coa xornada de mobilización a nivel internacional contra o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento, máis de medio milleiro de persoas saíron á rúa en Vigo na tarde de onte con berros contra o neoliberalismo.


Na tarde de onte, pasadas as 20h, baixo o lema “Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais”, máis de medio milleiro de persoas saían da praza da Independencia nunha mobilización de rexeitamento aos tratados de libre comercio TTIP, CETA, TISA e TPP. Facíano coincidindo coa xornada internacional de protesto que sumou milleiros de persoas en manifestacións en distintos puntos do planeta. A mobilización de Berlín foi das máis secundadas, cunha cifra de asistencia que superou as 250.000 persoas.

Na mobilización de Vigo, que contou con numerosa presenza da CIG e do BNG, e tamén de EU, XCG e colectivos sociais, leuse un manifesto que, amais de criticar os tratados, recolleu duras críticas á UE e ao euro, así como consignas explícitas contra a ditadura do capital. E é que estes acordos comerciais son contrarias, segundo as organizacións convocantes, á igualdade, aos dereitos sociais e laborais, á defensa ambiental e á democracia real.



x