Os recortes deixan sen unha praza de enfermaría O Barco

Os recortes deixan sen unha praza de enfermaría O Barco
[Imaxe de arquivo]
[Imaxe de arquivo]  

A subdirectora de procesos de enfermaría da EOXI comunicou a amortización da praza un día antes de se facer efectiva. 


Os recortes en sanidade fanse notar. Nomeadamente pola redución de recursos humanos. Neste senso, na EOXI de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras comunicóuselles nos últimos días a extinción dunha das prazas de enfermaría que até momento estaba "orzamentada" e "consolidada" por unha substituta logo do traslado a Monforte da persoa titular da mesma, segundo denunciou a CIG-Saúde

A nova foi comunicada através dun correo electrónico no que tamén se especificaba a maneira en que deberá repartirse o cupo de doentes ((15.194 tarxetas)) as enfermeiras e enfermeiros actuais (10 prazas).

Desde a CIG aseguran que "a atención ao cidadán vai quedar seriamente prexudicada xa que serán máis usuarios para menos enfermeiros polo que se incrementará o número de pacientes por día e o persoal terá menos tempo de atención para cada paciente". 

"A atención ao cidadán vai quedar seriamente prexudicada"

Aliás, denuncian a amortización dunha praza de médico no centro médico de San Xoán de Río após un outro traslado. Desde a central sindical nacionalista sospeitan que @s doentes desta localidade terán que desprazarse até a Pobra de Trives para seren [email protected] "coas consecuencias que isto supón xa que a distancia xeográfica entre un e outro [concello] é considerábel", advirten. 

No último ano foron recortados 25 millóns de euros en Atención Primaria.