O ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza

O ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza
FOTO: CRISTIAN LÓPEZ
FOTO: CRISTIAN LÓPEZ  

Centos de persoas saíron á rúa para exixir políticas sociais e non "barcos nas rotondas".


"Escoitaron? É o son do seu mundo derrubándose e o do noso rexurdindo". Coas verbas escritas polo movemento zapatista deron por concluída a leitura do manifesto veciñal que puxo o ramo á manifestación decorrida no barrio vigués de Coia esta sexta feria (12 de decembro). 

Após días parando os traballos que visan colocar un barco de comezos de século na rotonda da rúa Castelao, a veciñanza mobilizouse para expresar o seu "cansazo" ás políticas gobernamentais de Abel Caballero e exixir "os nosos dereitos", afirmaron. 

Ao berro de "Non pode ser, o barco na rotonda e as familias sen comer" denunciaron "as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas" mais tamén decisións políticas que nada teñen a ver cos intereses da veciñanza "dos barrios" onde "os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos", apuntan no manifesto. 

Ao igual que reivindicaron ao longo da semana nas sucesivas concentracións que obrigaron a paralizar as obras da rotonda, exixen que os máis de 300 mil euros orzamentados para a colocación do Alfageme sexan destinados a políticas sociais e a proporcionar axuda á veciñanza do barrio. Aliás, advertiron que na segunda feira volverán a frear o traballo [email protected] [email protected] municipais.