FICAN EXENTOS DO PAGAMENTO

O TSXG falla a favor de Defensa e Navantia no caso do pagamento do IBI

O TSXG falla a favor de Defensa e Navantia no caso do pagamento do IBI
Navantia
Navantia  

Nin o Ministerio de Defensa nin Navantia terán que aboar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) polas parcelas que ocupan en Ferrol. Así o vén de decidir o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).


A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de estimar os recursos de apelación tanto do Ministerio de Defensa como de Navantia, de maneira que considera que ambas as partes poden ficar eximidas do pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) polas parcelas que ocupan en Ferrol. Benefícianse, así, da exención á que está suxeita o Estado.

O tribunal do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol rexeitara os recursos contra a denegación da exención e as liquidacións do IBI de 2010 e 2011 apoiándose nunha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que estimaba que a exención podería ser beneficiosa para Navantia. O tribunal europeo advertía entón de que quedaría afectado o libre intercambio comunitario e de que se infrinxiría o Tratado Fundacional da UE, sinala Europa Press.

É o TSXG quen determina agora que a exención que lle corresponde ao Estado non representa unha vantaxe para Navantia e que debe recoñecerse, tal e como xa ditaran o Tribunal Supremo e o Alto Tribunal Galego