Sermos Galiza lanza unha campaña para difundir o semanario nas escolas

Sermos Galiza lanza unha campaña para difundir o semanario nas escolas

Coincidindo co curso escolar, Sermos promove unha subscrición entre os centros de ensino por 124 euros. 


O xornalismo constitúe tamén unha ferramenta de aprendizaxe, un instrumento para (re)coñecer a realidade que nos rodea e, con iso, poder contribuír a mudala. Desde esta perspectiva, Sermos Galiza pon en andamento unha nova campaña coincidindo co inicio do novo curso escolar. O medio de comunicación ofrece unha promoción aos centros de ensino (primario, secundario e Formación Profesional) para se subscribiren ao semanario en papel. 

SermosEscola quere ser unha ferramenta de aprendizaxe e contribuír a difundir as actividades que se desenvolven nos centros de ensino do país 

A idea é que os centros poidan colaborar co xornal e difundir algunhas das experiencias didácticas implementadas ao longo do ano académico nas páxinas do semanario en papel. No concreto, Sermos Galiza quere pular por aqueles proxectos pedagóxicos e colectivos que teñan interese pola súa orixinalidade, compromiso ou temática. Mais tamén, por aquelas iniciativas que teñan como ferramenta didáctica a imprensa en lingua galega. 

O obxectivo da campaña non é só contribuír a incrementar a Comunidade Sermos da man dos centros de ensino, escolas e institutos, do país, senón achegar e difundir o semanario entre a mocidade galega como un instrumento de aprendizaxe e normalización lingüística. Unha outra forma de coñecer a realidade social, política, económica e cultural galega coa que debater e construír. 

O prezo da subscrición anual é de 124 euros. Unha aportación reducida para facilitar a súa participación na Comunidade Sermos, nunha nova campaña coincidindo co inicio do novo curso escolar.



x