POMOS EN MARCHA "3 ANOS DE SERMOS"

Sermos Galiza, ás portas de celebrar o seu terceiro aniversario na rede e nos quiosques

Sermos Galiza, ás portas de celebrar o seu terceiro aniversario na rede e nos quiosques
Unha leitora co número 0 de Sermos
Unha leitora co número 0 de Sermos  

Sermos Galiza naceu na rede o 26 de abril de 2012. Este domingo cumprimos, por tanto, tres anos, ao servizo da información alternativa, galega e en galego.


O terceiro aniversario de Sermos Galiza como proxecto comunicativo ten dúas datas riscadas en vermello no calendario. A primeira é este domingo 26 de abril, o día en que o web SermosGaliza.gal cumprirá tres anos. A segunda é a segunda feira 8 de xuño, día en que se comemorará o terceiro cumpreanos do semanario Sermos Galiza, o único en galego nos quiosques do país.

Desde o seu nacimento, este proxecto comunicativo tivo a vocación de contribuír para o alargamento do espazo de comunicación galego e en galego, coa pretensión de dar voz a todos aqueles sectores sociais da nosa nación que tan frecuentemente son silenciados, vetados ou censurados nos meios de comunicación sistémicos.

Sermos Galiza publicará neste dixital unha sección conmemorativa -3 anos de Sermos Galiza- que dará acubillo a algúns dos textos máis significativos e lidos durante estes tres anos

Co motivo deste terceiro aniversario, Sermos Galiza publicará neste dixital unha sección conmemorativa -3 anos de Sermos Galiza- que dará acubillo a algúns dos textos máis significativos e lidos durante estes tres anos, quer no papel quer no dixital.

Peticións, demandas, suxestións

Estamos, por suposto, abertos ás vosas peticións e demandas, pois vós, as leitoras e os leitores de Sermos, a Comunidade Sermos, sodes a razón de existir deste meio.

Calquera crítica -positiva ou negativa- do que levamos feitos e calquera suxestión que teñades para mellorar o noso traballo en dirixírnolas através do noso correo electrónico, [email protected]