O PRIMEIRO NÚMERO, NOS QUIOSQUES O 30-O

A Mesa e Sermos asinan un convenio para editar conxuntamente 'Somos galego'

A Mesa e Sermos asinan un convenio para editar conxuntamente 'Somos galego'
Marcos Maceira (A Mesa) e Xoán Costa (Sermos Galiza)
Marcos Maceira (A Mesa) e Xoán Costa (Sermos Galiza)  

Ambas as dúas entidades colaborarán coa edición dun suplemento bimestral. Oito páxinas que abranguen diversos aspectos vencelledos á lingua.


A Mesa pola Normalización Lingüística e Sermos Galiza veñen de asinar un convenio para a edición, en parcería, dun novo suplemento que acompañará o semanario en papel cunha periodicidade bimestral. 

O primeiro número aparecerá a vindeira semana, a quinta feira 30 de outubro e conxuntamente co exemplar número 120 de Sermos Galiza. O suplemento levará por título Somos galego. Oito páxinas que abranguerán diversos aspectos vencellados á lingua. Novas de actualidade, unha sección sobre toponimia, chaves e ferramentas para defendermos os nosos dereitos lingüísticos ou un espazo destinado a mellorar a calidade da lingua son algúns dos contidos que atoparás no novo suplemento. 

Desde A Mesa e Sermos Galiza avanzan que o obxectivo é tamén procurar sinerxias coa comunidade leitora para o que procurarán o feedback através das redes sociais

Aliás, contará coa colaboración de persoalidades tan relevantes no ámbito do noso idioma como Xosé Ramón Freixeiro Mato ou César Varela. Porén, desde Sermos Galiza e A Mesa avanzan que o obxectivo é tamén procurar sinerxias coa comunidade leitora para o que procurarán o feedback através das redes sociais e o correo electrónico. A idea é que @s [email protected] acheguen dúbidas, propostas e reflexións arredor da lingua que posteriormente serán respostadas ou incorporadas ás páxinas do semanario. 

Estade [email protected] que comeza a vindeira semana!