10 voces para Castelao no seu 64 cabodano

10 voces para Castelao no seu 64 cabodano
Castelao
Castelao  

De O Leo e Carlos Negro a Antía Otero ou Anabel Montouto. Un coro de voces diferentes, diversas e disidentes no acto da Fundación Castelao que decorrerá este 7 de xaneiro. O lugar será no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval, en Compostela.


O 7 de xaneiro é o 64 cabodano da morte de Daniel Castelao. O Panteón dos Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval (Compostela) será o escenario que acolle o acto da Fundación Castelao para conmemorar a vida, obra e compromiso do rianxeiro.

O programa comeza cun saúda e a recepción [email protected] asistentes, para dar paso á actuación de Raúl Galego, ‘O gaiteiro nubeiro’. Posteriormente será a quenda de Mini e Mero. E logo, virá o ronsel de oito voces (diversas, diferentes, distintas).

Entre estas voces están as de O Leo, Carlos Negro, Lorena Rei e Antía Otero. E tamén as de Sofía Sánchez- Brunete Facal, Génesis Andreina Toárez Rosado, Anabel Montouto e Marcos Borrageros.

A clausura será cousa de Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao.