QUE FACER?

1.500 filloas por hora en Boqueixón

1.500 filloas por hora en Boqueixón
As filloas serán protagonistas esta fin de semana
As filloas serán protagonistas esta fin de semana  

Guía para non te perderes esta fin de semana.


O tolleito de Inishmaan
Ferrol
Teatro Jofre
Sexta feira
20.30h
Unha historia entrañábel e sorprendente versión moderna do clásico universal, agora dispoñíbel no teatro galego da man de Contraproducións. 

Presentación ILP en defensa do Monte
San Sadurniño
Casa da Xuventude de San Sadurniño
Sexta feira
Presentación pública da iniciativa lexislativa popular (ILP) para que se debata no Parlamento galego sobre a necesaria protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais. Unha campaña de recollida de sinaturas que se prorrogará até o vindeiro mes de marzo.

II Foliada en Meira
Meira
Praza do Convento
Sábado
21.00h
Coas actuacións de Bouba, Picurruchos e Airiños da Freba, con obradoiros de canto, pandeireta e baile, así como un premio de vestiario de época, e exposición fotográfica.

Velorio Infausto
Pontevedra
Praza da Peregrina/ Praza da Verdura
Sábado
A partir das 12.00h
Comeza o evento coa recreación da botica de don Perfecto Feijoo, e a actuación de Foula e Os Alegres. Máis tarde, ás 18.00h, velorio de Ravachol na sala mortuoria (prégase a asistencia de loito rigoroso). A saída do cortexo fúnebre acompañado do seu séquito e das diferentes comparsas será ás 21.00h, até chegar á Praza da Ferraría, onde se procederá á incineración do finado.

Festa da Filloa
Boqueixón 
Lestedo
Domingo
A partir das 12.30h
Ademais da exaltación gastronómica, unha media de 1.500 filloas cada hora, organízase un encontro de “xenerais”.

O segredo do tendal
Cambados
Auditorio Municipal da Xuventude
Domingo
18.00h
“Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras”. Teatro para as crianzas, historias incríbeis e manipulación de obxectos. 

Concerto Singular
Pontevedra
Teatro Principal
Domingo e segunda feira
11.30h
Píscore (Galiza) presenta o espectáculo “Concerto Singular”, unha musicomedia xestual, dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal. 


XXIV Festival Internacional de teatro Universitario
Santiago de Compostela
Teatro Principal 
De segunda a quinta feira.
21.00h
Ademais da última produción escénica da Aula de Teatro da USC, Pasar por Nida, tamén acollerá interesantes traballos procedentes de Italia, Granada e Lituania.