COMUNICADO POR SANT JORDI

A AELG reclama que en Catalunya “triunfen a palabra e o diálogo”

A AELG reclama que en Catalunya “triunfen a palabra e o diálogo”
Rosas amarelas en defensa das persoas presas catalás.
Rosas amarelas en defensa das persoas presas catalás.  

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere que en Catalunya “triunfen a palabra e o diálogo, alimento da lietartura, e remate o antes posíbel a xudialización da súa vida política”. Así o expresa nun comunicado emitido un día despois da Diada de Sant Jordi.
 


“O Sant Jordi deste ano non gozou do ambiente festeivo que semre caracterizou esta celebración”, di a AELG, “e queremos expresar a nosa preocupación pola situación en que se atopa neste momento a lingua catalá e a súa literatura”. Coas intitucións de autogoberno suspendidas de facto, e boa parte dos líderes das organizacións independentistas ben na prisión, ben no exilio, a situación dista da normalidade.

“Irmandámonos con todas aquelas linguas e literaturas que aínda non dispoñen de todos os estándares de normalidade”, engade, “de vello vén a celebración de encontros galeuscanos, e desexamos non se vexan interferida por decisións políticas que prexudican a súa existencia, como prexudicou unha data tan senlleira como o Sant Jordi”.

A Asociación de Escritoras e Escritores suma a súa voz á de autoras e autores internacionais como o francés Daniel Pennac ou o italiano Erri De Luca, que veñe de subscribir manifestos en defensa dos presos políticos cataláns.

O comunicado, titulado En defensa da cultura e lingua catalás. En defensa dos dereitos cívicos, alerta de que a represión do Estado en Catalunya “está a interferir na creación en lingua catalá e condicionando a liberdade de expresión, “alicerce indispensábel para construír unha sociedade democrática e un dos bens máis valiosos cos que pode contar un pobo”.

“A literatura é o reino da liberdade de ideas e de sentimentos, que deben ser libremente expostos e libremente circulantes, en ben de cada sociedade particular e da humanidade en xeral”, conclúe a AELG.