“A algho cheghamos porque estamos no Luar”

“A algho cheghamos porque estamos no Luar”

O número 1.000 de Luar sorprendeu coa intervención das poetas Lucía Aldao e Maria Lado, o dúo Aldaolado. Cunha particular tradución do “Lingua proletaria do meu pobo” de Celso Emilio, as poetas fixeron mofa de Galicia Bilingüe no programa máis antigo da TVG. VÍDEO NO INTERIOR. 


“A algho cheghamos porque xa estamos no Luar”, dixo a poeta María Lado no inicio dos oito minutos de parodia televisiva na que o dúo Aldaolado congregou máis público que en ningún dos múltiples espectáculos que consolidou a súa traxectoria coa poesía e humor como protagonistas. 

Para a singular ocasión, María Lado e Lucía Aldao escolleron un dos seus números máis aplaudidos, a tradución simultánea galego-español do poema “Lingua proletaria do meu pobo”, de Celso Emilio Ferreiro, en honor de todas aquelas persoas “que o entenden e non o falan” e, moi especialmente, para brincadeira dos argumentos empregados por Galicia Bilingüe sobre a imposición do idioma. Aldao e Lado lembraron os tempos do bipartito nos que, facendo brincadeira do que dicía a asociación contra a normalización do galego, a presión era tal que “ás catro da mañá chamaban os funcionarios para ver se falabas galego”, 

A intervención de Lado e Aldao foi seguida pola rede con sorpresa, pola singularidade que supón que un espectáculo como o seu entre no programa presentado por Gayoso.