QUE FACER?

Allariz acolle esta fin de semana un obradoiro de iniciación á arte de contar contos

Allariz acolle esta fin de semana un obradoiro de iniciación á arte de contar contos
A contacontos Bea Campos
A contacontos Bea Campos  

Vértice de Versos 

Carballo
Biblioteca Rego da Balsa
Sexta feira
19.30h

O documentario Vértice de Versos presentarase en Carballo da man do director e produtor Carlos Lorenzo e da escritora carballesa Rosalía Fernández Rial, unha das protagonistas deste proxecto audiovisual. O filme repasa o acontecido no universo poético da Galiza desde os anos 90 e inclúe 19 entrevistas con algunhas das voces máis significativas do país, música de Xoán Curiel e ilustracións de María Lires

 

Encontro con Miguelanxo Prado

Pontevedra
Libraría Paz
Sexta feira
19.30h

Miguelanxo Prado presenta Mael: Máis alá da Fraga de Cornanda, unha novela ilustrada por el e escrita por Uxía Meirama

 

Contou Rosalía

Santiago de Compostela
Auditorio de Galiza
Sexta feira
19.30h

Preestrea da primeira película sobre Rosalía de Castro, Contou Rosalía, un filme protagonizado por Melania Cruz que segue a biografía da escritora galega.

 

XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais 

San Sadurniño
Finca da Cortiña 
Sábado

O XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais desenvolverase este ano na Finca da Cortiña, ao carón do río Xubia ao seu paso polo concello de San Sadurniño. Organizado pola rede Brinquedia, a recuperación e promoción dos xogos e enredos tradicionais son o motor desta xornada na que participarán centros de ensino de toda Galiza para poñer en práctica unha trintena de xogos e ver exhibicións de billarda, loita galega, cocha, chave, lanzamento de goxo e birlos celtas. 

 

“Método negro”

A Coruña
Teatro Rosalía Castro
Sábado
20.30h

Método negro, a coreografía de Javier Martín, é un espectáculo que se enmarca na TRC Danza 2018, a temporada de danza que se vén realizando cada ano.

 

Obradoiro de iniciación á arte de contar contos

Allariz
Ben Común Espazo
Sábado e domingo
10.00h-14.00h

Obradoiro intensivo de iniciación á arte de contar contos impartido por Bea Campos, dividido en dúas xornadas e orientado á práctica da narración oral.

 

Seis cubos negros en corpo branco

Compostela
Salón Teatro 
Domingo
18.00h

Seis actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, no frío do frigorífico branco, sen tempos e a cabalo de dúas épocas. Representación teatral de Aporía Escénica.

 

I Encontro da Noite

A Coruña
Ágora
Sábado
Desde as 10h

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha xornada formativa e informativa, o I Encontro da Noite, coa contaminación luminosa, a posta en valor do patrimonio nocturno e a preservación da escuridade como temas centrais. Inscrición previa na web agrupacionio.com.

 



x