Os Amigos dos Músicos adiantan un vídeo do seu segundo disco

Os Amigos dos Músicos adiantan un vídeo do seu segundo disco
Os Amigos dos Músicos. Foto: cedida.
Os Amigos dos Músicos. Foto: cedida.  

As crónicas é a primeira pista do novo disco da banda ourensá Os Amigos dos Músicos. A canción conta cun vídeo realizado por Rubén Domínguez de Prenom e afonda no seu pop de raíz norteamericana, excepcional talento melódico e lírica en galego.


As crónicas, cos seus ecos á etapa clásica dos estadounidenses Jayhawks, as súas voces exquisitamente harmonizadas e o seu elaborado traballo de guitarras, adianta o que será Segundo fogar.

 

No segundo traballo de Os Amigos dos Músicos participa Xabier Díaz co adufe e Fernando Barroso coa mandolina. Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo, Jaime Mateo e Álvaro Rivera, Os Amigos dos Músicos, gravaron Segundo fogar nos estudios A Ponte en Roxos. Das dez cancións do disco, nove son de composición propia e un elaborárono a partir do poema Bicarelo, Uxío Novoneyra.



x