Antía Yáñez gaña o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil

Antía Yáñez gaña o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil
[Imaxe: Conchi Salgado] Antía Yáñez
[Imaxe: Conchi Salgado] Antía Yáñez  

A escritora resultou agraciada pola obra titulada Plan de Rescate, protagonizada por Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas que conta unha historia sobre os seus compañeiros de clase de apoio.


A escritora de Burela Antía Yáñez Rodríguez resultou gañadora do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

O xurado do galardón, outorgado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, estivo conformado por Rosa Aneiros, Xavier Senín e Manuel Bragado.

A obra, titulada Plan de Escape, está protagonizada por Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas que conta a historia protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio, “unha aventura chea de humor e ironía”, segundo o xurado, onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.