“Ardalén” válelle a Miguelanxo Prado o Premio Nacional do Cómic

“Ardalén” válelle a Miguelanxo Prado o Premio Nacional do Cómic
Miguel Anxo Prado
Miguel Anxo Prado  @Aldara_Prado

Miguelanxo Prado é o gañador do Premio Nacional do Cómic pola súa novela gráfica Ardalén, publicada por El Patito Editorial. 


A novela sobre a memoria que foi un dos grandes sucesos editoriais do ano, a tan agardada nova obra na que Miguelanxo Prado iniciou hai nove anos suma agora o Premio Nacional do Cómic aos seus moitos recoñecementos.

A novela gráfica Ardalén fora xa recoñecida co premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor ofrece o que considera a súa obra de máis marcada referencia galega, co tema da memoria como trabe narrativa da novela. A obra foi publicada por El Patito Editorial, o selo de Genma Sesar e Fausto Isorna que creou unha colección para sacar do prelo a obra completa en galego do autor da Coruña. Director de Viñetas desde o Atlántico, o festival que inaugurou na Coruña en 1998, Miguelanxo Prado ten unha traxectoria de grandes sucesos no mundo da banda deseñada, con títulos de referencia como Trazos de xiz ou De profundis.