‘O que Arde’ suma 4 nominacións aos Goya, entre elas a de Mellor Película

‘O que Arde’ suma 4 nominacións aos Goya, entre elas a de Mellor Película
o que arde
o que arde  

Mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce).

 


O filme de Oliver Laxe continúa a sumar boas novas: éxito de público e crítica, galardóns, recoñecementos... E esta segunda feira vénse de coñecer que suma4 nominacións aos Premios Goya: Mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce).

'O que arde' suma xa nove semanas en carteleira e é o filme con maior número de espectadores. A mediados de novembro, a película de Oliver Laxe superaba os 62.500 espectadores en salas, superando a cifra da histórica Sempre Xonxa.

Os filmes con maior número de nominacións a estes Premios Goya son: 'Mientras dure la guerra', de Alejandro Amenábar,con 17; 'Dolor y gloria', de Pedro Almodóvar, 16,  'La trinchera infinita', con 15.