A Asociación Galega de Tradutores convoca o 2º premio Xela Arias

A Asociación Galega de Tradutores convoca o 2º premio Xela Arias
A tradutora María Alonso Seisdedos, primeiro premio Xela Arias da AGPTI. Foto: cedida.
A tradutora María Alonso Seisdedos, primeiro premio Xela Arias da AGPTI. Foto: cedida.  
O premio que leva o nome da poeta e tradutora de, entre outras, James Joyce ou Roald Dahl, busca recoñecer o labor de “empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou intepretación cara ou desde o galego”. O certame Xela Arias convócao a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Intepretación (AGPTI) e acepta candidaturas até o 15 de setembro no enderezo [email protected]

Trátase da segunda edición dun galardón que, na primeira, celebrou o traballo da tradutora María Alonso Seisdedos, e serve ademais ao gremio para conmemorar o 30 de setembro, Dia Internacional da Tradución. Calquera persoa, informa a AGPTI, “pode propor unha empresa entidade ou persoa candidata” vía correo electrónico.

O xurado formarao a xunta directiva da asociación, a sinalada o pasado ano -María Alonso Seisdedos- e algunha persoa convidada. O premio ten carácter simbólico.

A AGPTI fundouse en 2001 “co obxectivo de crear unha plataforma de comunicación entre os profesionais para a defensa do colectivo de traballadores e traballadoras da tradución e da intepretación, ademais da difusión da lingua galega como lingua de traballo neste sector”.