O 5 DE ABRIL, ÁS 17 HORAS

O Galo organiza un roteiro pola vida e obra de Francisco Asorei

O Galo organiza un roteiro pola vida e obra de Francisco Asorei
[imaxe: Cedida]. Persoas asistentes ao roteiro das Irmandades da Fala.
[imaxe: Cedida]. Persoas asistentes ao roteiro das Irmandades da Fala.  

As rúas da zona vella de Compostela acollen, este vindeiro 5 de abril, un roteiro sobre o escultor Francisco Asorei.


O percorrido terá como punto de partida o busto de José Ibañez Martín no Instituto Rosalía de Castro e continuará por outras 18 localizacións do casco antigo. As persoas asistentes poderán ver a placa do Doutor Carracido no Pazo de Fonseca, o retrato de Jesusa Ferreiro no Pazo de Raxoi e o monumento a San Francisco. Tamén visitarán a residencia da familia Asorey-Ferreiro e a sepultura do escultor, entre outros.

A visita, que estará guiada pola secretaria da asociación, Mercedes Espiño, xorde tras o éxito  do roteiro, no pasado mes de setembro, sobre as Irmandades da Fala (das cales foi integrante o escultor). En declaracións de Espiño a Sermos Galiza, “Asorei merecía un percorrido específico para el só. Viviu case corenta anos en Compostela e hai unha serie de obras polas cales as persoas pasan todos os días e sen coñecer nada sobre elas”.