Até o domingo, [email protected], o I Salón do Libro e da Lectura da Coruña

Até o domingo, [email protected], o I Salón do Libro e da Lectura da Coruña
Abecedari@
[email protected]  

Desde a quinta feira até o domingo celébrase no coruñés mercado de San Agostiño [email protected], o I Salón do Libro e da Lectura.


Organizado pola Asociación de Editores Coruñeses en colaboración co Concello da Coruña, ten como obxectivo constituír un espazo “aberto, de encontro, participación e oferta arredor do libro e da lectura e cunha inxente cantidade de actividades entorno á lectura”. 

A xornada da sexta feira rematará cun espectáculo poético-musical-humorístico con Lucía Aldao e María Lado, 'Sempre en Ibiza'. Ao longo do sábado haberá unha ducia de actividades, moitas delas destinadas ao público infantil, ademais de novas voces da poesía galega, como Marcos Abalde, Charo Lópes, Eduard Velasco e Diana Varela. A xornada rematará cun espectáculo do Grupo Ouriol arredor de Manuel María, con Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez. 

A feira pechará o domingo cunha mesa redonda sobre as poesía das mulleres en Galiza, con Luz Campello García, Oriana Méndez, Dores Tembrás e Eva Veiga. E, ao longo do día, terán lugar obradoiros de debuxo e papiroflexia, ademais de pezas de teatro da compañía Viravolta.