'Aura 1964', o novo proxecto de Ignacio Vilar

'Aura 1964', o novo proxecto de Ignacio Vilar
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar  

O filme conta a historia de Siro, un adolescente dunha aldea galega que, en plena ditadura franquista, debe ingresar nun internado católico. O proxecto acada axudas para o desenvolvemento de MEDIA Europa Creativa e Agadic.


'Aura 1964' é o novo proxecto de Ignacio Vilar. O filme conta a historia de Siro, un adolescente dunha aldea galega que, en plena ditadura franquista, debe ingresar nun internado católico. Pouco a pouco, coa axuda dos seus novos compañeiros, aprenderá a sobrevivir no mundo dos adultos.

A produtora Vía Láctea Filmes resultou beneficiaria dunha axuda de desenvolvemento do programa Media Europa Creativa, destinada á promoción e á coprodución de obras cinematográficas a nivel europeo e internacional para este novo proxecto con guión e dirección de Ignacio Vilar.

O comité de selección destacou, entre outros, a calidade do guión, a pertinencia da temática no contexto socio-político europeo así coma a traxectoria do director Ignacio Vilar e da produtora Vía Láctea Filmes na cinematografía galega ou o potencial internacional da obra.


O proxecto recibiu asimesmo unha subvención para desenvolvemento de producións galegas de AGADIC.

"Aura 1964" será o primeiro proxecto de Vía Láctea Filmes presentado desde o inicio coma unha coprodución internacional. 


 



x