“A autoestrada do sur” na nosa lingua no duplo aniversario de Cortázar

“A autoestrada do sur” na nosa lingua no duplo aniversario de Cortázar
Julio Cortázar
Julio Cortázar  

O 12 de febreiro de hai trinta anos, morría Julio Cortázar en París. Trinta anos despois do seu pasamento e cando se conmemora o centenario do seu nacemento, a Editorial Trifolium publica en galego “A autoestrada do Sur”, en tradución de X. Fernández Naval. 


Un atasco na autoestrada de Fontainebleau a París un domingo á tarde como metáfora da sociedade é o argumento de “A autoestrada do Sur” o relato de Cortázar que tomou parte do libro “Todos los fuegos el fuego” e que agora ve a luz en galego publicado por Trifolium con tradución de Francisco Fernández Naval. O relato de Cortázar deu pé ao filme Weekend de Jean-Luc Godard en 1967. 

Cortázar, do que este ano se cumpre un duplo aniversario, visitou Galiza e tivo unha relación intensa co país, da man da galega Aurora Bernárdez coa que casaría en 1953. 

O escritor Francisco Fernández Naval, tradutor do libro, é tamén autor de “Respirar por el idioma. Los gallegos y Julio Cortázar”, editado na  Arxentina por Corregidor. Entre outros episodios que relacionan ao escritor con Galiza está o ter tido como editores a Lorenzo Varela e Luís Seoane e entrou en contacto tamén con exiliados como Rafel Dieste, domicilio arxentino no que o autor escribiu escribiu “El examen”