CONVOCAN OS PARTIDOS E O PSDEG REXEITA

Axentes da cultura viguesa reflexionan sobre “a grave situación” na cidade

Axentes da cultura viguesa reflexionan sobre “a grave situación” na cidade
Detalle da fachada do Marco de Vigo. Imaxe: cedida.
Detalle da fachada do Marco de Vigo. Imaxe: cedida.  

O segundo Encontro pola Cultura de Vigo vén de convocar os partidos políticos a un coloquio debate sobre “a grave situación das políticas culturais e sociais” na cidade. Agás o PSdeG, ao que pertence o alcalde Abel Cabllero e que xa rexeitou o convite, asistirán todos os grupos do pleno -Marea e PP- e mais BNG e Compromiso por Galicia. Será esta sexta feira, ás 17.30, no IES Polítécnico vigués.
 


22F

Moderado pola xornalista Fernanda Tabarés, o obxectivo do coloquio é “coñecer cal é o compromiso político e as propostas de acción das forzas políticas que concorren ás eleccións municipais”. Os organizadores denuncian ademais a “flagrante falta de democracia participativa, transparencia e convocatorias públicas de acceso aos recursos”.

Este II Encontro pola cultura dá continuidade ao do pasado 16 de novembro, que rexistrou “un éxito de convocatoria”.

A cita promóvena o colectivo Caín, o Aténeo Atlántico, a agrupación [email protected] do Marco, a asociación de artistas de Galiza A Colectiva, o Espazo Cubo, a plataforma +Social e o Instituto Galego de Praxe Actual.



x