A banda deseñada de Schrödinger preséntase en Viñetas desde o Atlántico

A banda deseñada de Schrödinger preséntase en Viñetas desde o Atlántico
Kiko Da Silva e Miguelanxo Prado
Kiko Da Silva e Miguelanxo Prado  

A revista editada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega permite reunir nunha publicación en galego a creadores e creadoras de Galiza e tamén internacionais.


Este sábado ten lugar no marco do festival da banda deseñada 'Viñetas desde o Atlántico' que decorre na Coruña a presentación (ás 18:00 horas) do número 1 da revista de banda deseñada 'A Viñeta de Schrödinger', editada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Un acto que conta coa presenza de Kiko da Silva, director da revista,  Marcos Maceira, presidente  da Mesa e Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

O nº1 desta revista xa saíu do prelo. conta coa colaboración de Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kiko da Silva, Kohell, Fernando Llor, Zaida Novoa, Miguel Rojo, Pablo Prado, Fonso Barreiro, Aldara, Joan Casaramona, Roberto M. Lamosa, Antonio M. Fraga, Víctor Rivas, Miriam Iglesias e Miguel Porto. A ilustración da portada é de Miguel Robledo e tamén podemos ler unha entrevista a Sarah Andersen.

Na presentación da iniciativa, o pasado mes de abril, Kiko da Silva explicou que malia o grande calidade e prestixio que ten no estranxeiro, a banda deseñada galega está totalmente esquecida pol Xunta. Lamentaba nunha entrevista en Sermos Galiza como "Levamos case vinte anos falando do 'boom' da BD galega pero case non hai apoios".

Neste sentido agradeceu a decisión da Mesa e ASPG por apostar nun produto de banda deseñada que permitirá reunir nunha publicación a creadores e creadoras galegas e tamén internacionais e que amosaba o nivel e calidade do que se fai no país.

Para subscribirse a esta revista, pode facerse aquí



x