A Bandeira lembra a Ramón de Valenzuela no seu centenario

A Bandeira lembra a Ramón de Valenzuela no seu centenario
Ramon de Valenzuela
Ramon de Valenzuela  

O escritor Xosé Neira Vilas ou o seu fillo José Ramón participarán na conmemoración do centenario do escritor Ramón de Valenzuela na Bandeira. 


O 3 de outubro ás 20.30 horas terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural “Vista Alegre” da Bandeira a conmemoración do centenario do escritor Ramón de Valenzuela, autor, entre outras, das obras Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar, pioneiras no tratamento literario do golpe militar do 1936. 

Unha mesa redonda na que participaran os investigadores Xosé Manuel Maceira e Xoán Carlos Garrido Couceiro moderada por Matías Rodríguez da Torre achegarase á figura do escritor despois do saúda da presidenta da A. C. Vista Alegra, Dolores Sangiao e a presidenta de Adellis, Rosa Fernández. Unha proxección sobre o autor ademais da interpretación dun fragmento da súa obra continuarán o programa antes do peche da xornada no que intervirán o escritor Xosé Neira Vilas e o fillo do autor José Ramón Valenzuela. 

A memoria literaria da represión

Ramón de Valenzuela Otero naceu no Pazo da Viña no concello de Silleda o 3 de outubro de 1914. Militante nas Mocidades Galeguistas, Ramón de Valenzuela é detido en agosto do 36 na Bandeira e preso na cadea de Santiago de Compostela. En 1939 exíliase en Francia e é detido tempo despois coa ocupación alemá e entregado á policía española polo que a prisión en Ávila é o seu novo destino. Casado con Mariví Villaverde, a quen coñece no tempo de Francia, a parella exíliase a Bos Aires onde publica en 1957 a súa primeira novela Non agardei por ninguén. Militante no PCE desde 1962, abandona o exilio arxentino en 1966 para se instalar en Madrid onde reside até pouco antes da súa 1980 na súa casa de Adina, Sanxenxo. Ese mesmo ano publicaría Era tempo de apandar.