FESTA OS DÍAS 14, 15 E 16

Para viño... Barro!

Para viño... Barro!
No centro, en primeiro termo, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes.
No centro, en primeiro termo, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes.  

Como é tradición desde hai 40 anos, o concello da comarca pontevedresa celebra esta fin de semana unha nova edición da Festa do Viño. Uns festexos caracterizados pola súa forte aposta musical (actuará o grupo Treixadura), deportiva e cultural. 


O concello de Barro celebra a 40º edición da súa Festa do Viño por todo o alto. Os festexos, que comezaron a pasada quinta feira, prolongaranse ao largo de toda a fin de semana e estarán cargados de ineludibéls citas gastronómicas e musicais.

No ámbito vitivinícola, esta sexta feira día 14 inaugurarase o XIV Certame de Viños da D.O Rías Baixas. O grupo Galifunk será o encargado de amenizar a apertura dos stands que terá lugar ás 21 da noite. A cata de viños será máis madrugadora na xornada do domingo, as persoas asistentes poderán degustar desde as 10.30 da mañá, no recinto do pazo, este manxar.

Ademais de gastronomía, a festividade dará oco a unha grande oferta musical caracterizada polo seu eclecticismo. O cartaz acolle tanto a diversidade de grupos de música tradicional como as orquestras máis recoñecidas do mundo da verbena.

No referente a este primeiro ámbito melódico máis achegado á cultura popular galega, esta sexta feira ás 20.30 horas actuará o grupo de danza Amor Ruibal; o día 15, ás 19.30 horas, as Pandereteiras da Asociación Peñaflor darán un concerto no Pazo da Crega; e o domingo, ás 21.30 da noite, a recoñecida banda Treixadura porá feche á festividade.

No que atinxe á verbena, este día 14 ás 22 horas actuarán o Combo Dominicano e Los Satélites e o sábado, á mesma hora, as orquestras Gran Parada e Ritmo Joven.

Entre tanto viño e tanta música tamén haberá tempo para os deportes e a cultura. Durante os tres días de festexos restantes realizaranse dous torneos de fútbol e un de tenis, así como o VII Certame de Pintura Rápida e a VII Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas.