TITÍTULASE 'DISQUE AO SO(U)L'

Brais Morán leva o soul á discoteca no seu novo videoclip

Brais Morán leva o soul á discoteca no seu novo videoclip
Hedonista e asollado, bailábel e entusiasta, así e o novo videoclip de Brais Morán (Ourense, 1983). Disque ao So(u)l titúlase a canción, unha viaxe á xeografía en que soul se funde coa música disco, de ecos setenteiros e forza irrefreábel.

Con Morán á voz e aos elegantes punteos de guitarra, Fran Sanz no baixo, Marcos Pazo na batería, Manu Seoane na outra guitarra, e coa colaboración de Carla Green aos coros e Álex Salgueiro a teclados e sintetizadores, Disque ao So(u)l contradí o outono en que se publica. O clip, dirixido por José Rojas, é un paseo ao sol e foi rodado en Oleiros e A Coruña

A canción rexistrárona Arturo Vaquero e o propio Morán nos estudios Abrigueiro, en Frio.