SÁBADO 9 DE FEBREIRO EN OUTEIRO DE REI

A cantautora Paloma Suanzes actuará na Casa Museo Manuel María

A cantautora Paloma Suanzes actuará na Casa Museo Manuel María
A cantautora Paloma Suanzes. Foto: cedida.
A cantautora Paloma Suanzes. Foto: cedida.  

Verbas de Auga é o espectáculo que a cantautora Paloma Suanzes presentará o vindeiro 9 de febreiro, sábado, na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será ás oito do serán e con entrada de balde.
 


Suanzes aproveitará a cita co público para ofrecer cancións do seu vindeiro disco, aínda en preparación.

Ademais da súa vertente de cantautora, a artistas formouse tamén como directora de coro e cantante lírica. A súa traxectoria musical, indican desde a Casa Museo Manuel María, comezou en 1995. Con María Manuel, Julie Guravich e Claudia Campos presentouse no seu día como Catro mulleres, catro estilos, catro voces.

En Son Delas comartiu escenario coas principais figuras femininas da música galega, por caso Uxía, Mercedes Peón, Sonia Lebedynski, Guadi Galego, Susana Seivane, Ugia Pedreira e Rosa Cedrón.



x