TERESA SALGUEIRO E CHICO CÉSAR, ENTRE OS ARTISTAS DA 14ª EDICIÓN

Cantos na Maré volve para celebrar a conexión lusófona

Cantos na Maré volve para celebrar a conexión lusófona
O brasileiro Chico César nunha imaxe de 2015. Foto: cedida.
O brasileiro Chico César nunha imaxe de 2015. Foto: cedida.  

A décimo cuarta edición do Cantos na Maré -subtitulado Festival Internacional da Lusofonía- contará entre os seus artistas coa portuguesa Teresa Salgueiro, histórica voz de Madredeus ate 2012, ou co brasileiro Chico César, un dos últimos renovadores da MPB. Decorrerá entre o 11 e o 14 de outubro en Pontevedra, desta volta con máis escenarios que o xa tradicional Pazo da Cultura.
 


O Cantos na Maré, cuxa dirección artística corre a cargo de Uxía, quere para esta edición “atravesar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos”. Con todo, o protagonismos seguirá a ser para músicos e músicas da chamada Lusofonía: o rock e o kuduro dos angolano portugueses Throes & The Shine; a inclasificábel Mercedes Peón, que no seu último Déixaas bordea o rock industrial para logo continuar delimitando o seu propio territorio; as rapeiras portuguesas Capicúa e Eva RapDiva ou a galega Wöyza.

20180920CantosnaMaré1801

Ademais, haberá unha presenza especialñ da Cámara de Évora, que opta á Capitalidade Europea da Cultura en 2027 e patrocinará o concerto de clausura. Ofrecerao o vasco Kepa Junquera. Cinema, actividades para nenos ou obradoiros para músicos completarán un cartaz que se dará a coñecer por completo nos vindeiros días. “Tamén haberá novos espazos para actuacións e accións por toda Pontevedra”, sinala o concello nunha nota, “pois Cantos na Maré pretende ser un festivla que promova a revaloriazación do patrimonio da cidade”.

Na presentación do encontro, esta cuarta feira no Pazo da Cultura, participaron Uxía, a concelleira de Cultura de Pontevedra Carme Fouces, o responsábel de Cultura da deputación Xosé Leal, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, o director de Agadic Jacobo Sutil, o representante de Évora Luís Garcia, o director do certame Fran Rivera e mais Vítor Belho, da produtora Nordesía.

As entradas para Cantos na Maré estarán á venda a partir de mañá en Ticketea e na Casa da Luz, con prezos que van dos sete aos 20 euros.

Nota: imaxe da presentación de Cantos na Maré en Pontevedra esta quinta feira, 20 de setembro.



x