Case oitenta persoas participan xa na Universidade Rural de Barreiros

Case oitenta persoas participan xa na Universidade Rural de Barreiros
 

Case oitenta persoas matriculáronse xa para asistiren durante os dous próximos meses as clases da Universidade Rural de Barreiros, organizadas en Sementes e promovidas polo colectivo Cultural Ollomao xunto coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 


Desde Ourol, Burela, Foz, Mondoñedo, Ribadeo ou Lourenzá achéganse ás persoas que comezan agora a participar da Universidade Rural de Barreiros, na que participa alumnado de 15 a 81 anos. Sen exames nin avaliacións finais, a aprendizaxe é o único obxectivo deste programa que botou a andar o colectivo Cultural Ollomao. 

Trinta profesionais compoñen o corpo docente desta iniciativa que conta tamén co apoio de profesorado da Universidade de Santiago, sen remuneración por impartir aulas. O alumnado fai un único pagamento entre 15%€ e 50 € segundo as especialidades -sementes- nas que se inscriba, destinados a gastos de material e desprazamentos do profesorado. O proxecto cofinánciase coa venda de sudadeiras e outros materiais de apoio. “Todo o fenómeno xurdido en torno a este proxecto dá boa conta de que se trata dunha iniciativa que estaba a ser necesitada pola xente, novidosa e pola cal comezan a mostrar interese outros colectivos culturais para ser posta en marcha nas súas localidades”, sinalan desde Ollomao.