Castelao, desterrado; por Xoán Costa

Castelao, desterrado; por Xoán Costa

Por decisión política, camuflada baixo un traslado administrativo forzoso, Castelao estivo desterrado en Badaxoz desde fins de 1934.


O 25 de outubro dese ano comunicábaselle o seu traslado e del dan noticia varios periódicos  El progreso: Castelao, trasladado: “El dibujante y destacado galleguista don Alfonso Rodríguez Castelao, ex diputado a Cortes de las Constituyentes, como funcionario de la Jefatura de Estadística de esta capital, ha sido trasladado a Badajoz”

O 12 de decembro de 1934 o Goberno Civil de Pontevedra publica unha nota “para salir al paso de torcidas interpretaciones” e adiantar que se Castelao e Bóveda “se desvirtuasen” (isto é, se abxurasen, se renegasen)das súas afirmacións de hostilidade ao goberno quedaría sen efecto o traslado (enténdase desterro) pero como os interesados non consideraron oportuno aceptar tal condición permaneceu firme a medida adoptada

Nos últimos meses do desterro publicará catorce artigos no xornal A Nosa Terra con reflexións políticas. Estes artigos serán os primeiros capítulos do Sempre en Galiza cando o publique no exilio en Bos Aires en 1944.

O 6 de setembro de 1935 púxose fin ao desterro de Castelao en Badaxoz. Algunha prensa fala de “fin da inxustiza”



x