Caxade coa Banda da Bandeira e Guadi Galego xuntos e ao vivo en Lugo 

Caxade coa Banda da Bandeira e Guadi Galego xuntos e ao vivo en Lugo 
caxade
caxade  

Son dúas das propostas máis agardadas do verán. A xira de Guadi Galego presentando o seu novo traballo “Lúas de outubro e agosto” e o potente concerto de Caxade coa Banda da Bandeira que sube máis de sesenta músicos sobre o escenario. As dúas, en concerto esta quinta feira nos Xardíns da Deputación de Lugo. 


Será ás 21:00 horas esta quinta feira nos Xardíns da Deputación de Lugo cando comece o concerto que reúne a Guadi Galego e Caxade canda a Banda da Bandeira con entrada de balde. 

Arredor de sesenta músicos e músicas soben ao escenario nun concerto único. É a proposta da banda de Caxade e a Banda da Bandeira, unha nova e soberbia maneira de facer sentir os temas do seu primeiro álbum, “A Dança das Moscas”.  Son poucas as ocasións para asistir á ambiciosa proposta, que se estreou no Culturgal en decembro, que mobiliza un grande número de músicos e combina o son da banda popular co recendo indie dos temas de Caxade. 

“Lúas de outubro e agosto” é o segundo disco en solitario de Guadi Galego que chegará os seus temas ao concerto ao ar libre en Lugo, no marco da súa xira de presentación por todo o país.