Caxade, Os da Ría e María Manuela no cartel do Implícate 2016

Caxade, Os da Ría e María Manuela no cartel do Implícate 2016
Implícate 2014 (Foto: Cris Andina)
Implícate 2014 (Foto: Cris Andina)  

O ano solidario comeza sempre co Implícate, que terá lugar o domingo 10 de xaneiro cun espectáculo solidario protagonizado na banda musical por Caxade, Os da Ría e María Manuela.


Trátase da décimo primeira edición do Implícate, un espectáculo xa consolidado no calendario, tanto polo seu proxecto solidario como polo nivel artístico que amosa ano tras ano. Será a iso das 20.30 horas do 10 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. E ademais da música de Caxade, Os da Ría e María Manuela, haberá teatro da man de A Panadaría e Pedro Brandariz, danza con Ánxela Blanco e poesía da man de Elías Portela, Susana Sánchez Aríns, Román Raña e Olga Novo. Serán presentados por Yolanda Castaño e Marga Pazos

Este ano a temática do Implícate centrarase na campaña Suma, que Implicadas lanza en 2016 mediante unha aplicación de móbil para que as persoas poidan entender en termos máis tanxibles o que a súa colaboración coa organización significa para a transformación das estruturas de explotación Norte-Sur. A aplicación Suma, que consta de tres partes (Suma Coñecemento, Suma Tempo e Suma Fondos) presentarase no Implícate e actuará de fío condutor.