INFORME DO CONSELLO DA CULTURA

Cen mil espectadores menos nos cinemas galegos en 2018

Cen mil espectadores menos nos cinemas galegos en 2018
A Sala Numax, en Compostela. Imaxe: cedida.
A Sala Numax, en Compostela. Imaxe: cedida.  

Cen mil espectadores e espectadoras menos e unha caída de 900.000 euros na recadación: eis as cifras mais rechamantes dos cinemas galegos durante 2018 segundo un informe do Consello da Cultura Galega.


De “tempos complicados” para o sector cualifica a situación o Consello, que sitúa a asistencia media ás salas en 1,4 filmes ao ano por habitante. A media estatal está en 2,2. O gasto medio por habitante é de 8,5 euros anuais.

En 2018 houbo un cine máis ca en 2017 e a cifra situouse en 44, con 187 salas de exhibición. Proxectáronse 582 filmes, 25 menos que o ano anterior.

A produción na Galiza
O documento, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, rexistra ademais que, nos últimos cinco anos, producíronse na Galiza 141 películas. 2015 foi o de máis traballo, con 27 -15 longametraxes. En 2018, foron 25, 15 longas e 10 curtas. Predomina a ficción, agás en 2015, que se fixeron máis documentais

Os datos recadados pola institución sinalan a maiores que en 2018, 13 filmes fixéronse en galego, e un en galego e castelán.