O centenario de Díaz Castro inaugura os actos do ano dedicado ao poeta

O centenario de Díaz Castro inaugura os actos do ano dedicado ao poeta
Díaz Castro
Díaz Castro  

O ano no que a Academia decidiu adicar o Día das Letras Galegas a Díaz Castro é tamén o do seu centenario. Será o próximo 19 de febreiro a data na que con distintos actos en Guitiriz se conmemore os cen anos do seu nacemento, saída tamén para un ano de festexos arredor do autor de Nimbos. 


Unha ofrenda poético-floral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega no cemiterio de Guitiriz ás 17.00 horas iniciará unha sesión de tarde na que se darán cita no concello natal de Díaz Castro algunhas das máis madrugadoras iniciativas do ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. 

Será ocasión tamén para inaugurar  exposición “Nimbos de luz” da Xunta, que quedará aberta na Casa Habanera e que conta con Alfonso Blanco -amigo e estudoso do autor- como comisario nun acto que contará tamén coa intervención do escritor  Luís González Tosar e o investigador e crítico Armando Requeixo, autor a súa vez da primeira biografía do ano arredor do autor titulada Vida e obra Xosé María Díaz Castro que se presentará a seguir. 

A estrea do documental “O instante eterno de Xosé A. Cascudo”, porá fin á xornada de homenaxe aberta ao público en Guitiriz, concello no que, desde primeiras horas da mañá, a lembranza será continua, de parte do alumnado da comarca, en especial, do centro que leva o seu nome. 

O programa escolar comezar´ás 10.30 coa visita á exposición por parte dos CHIP de Parga e Guitiriz . O espectáculo musical “Zapatiños para Díaz Castro”, de 2naFronteira inclúese tamén nunha xornada e mañá na que desde as 12.30 están convidados os colexios de Friol e o IES Urbano Lugrís da Coruña á festa da aniversario de Díaz Castro.