O PÚBLICO VOTARÁ AS GAÑADORAS

O certame aRi[t]mar nomea as poesías finalistas de Galiza e Portugal

O certame aRi[t]mar nomea as poesías finalistas de Galiza e Portugal
Gala 2018. Imaxe: aRi[t]mar
Gala 2018. Imaxe: aRi[t]mar  

Xa se coñecen as poesías finalistas do certame aRi[t]mar. De entre estas poesías, publicadas na Galiza e Portugal durante o ano 2018, saírán as gañadoras mediante votación do público.


O público será quen vote as persoas gañadoras de entre as finalistas que nomeou o xurado do certame aRi[t]mar Galiza e Portugal. Este evento da música e da poesía galego-portuguesa nomeará, por elección de público, quen serán as e os poetas que gañen, xunto coas e cos artistas musicais xa electos, e recibirán os galardóns na Gala de Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal 2019.

Nesta edición, o xurado seleccionou dez poesías galegas e 10 portuguesas como finalistas, para que o público poida votar as gañadoras.

As persoas que quixeren participar poderán votar a través da web artimar.gal até o 10 de maio.

As poesías electas polo xurado como finalistas desta edición son:

Finalistas de Galiza:

Polinizándome, Andrea Nunes/María Rosendo, Diáspora do amor.

Os estorniños cobren a vila, de Carlos Lixó, As casas.

A memoria, de Celso Fdez. Sanmartín, A cama do meu avó.

Lista da compra da viúva, de Emma Pedreira, Antídoto.

Perderei a cabeza, de Lara Dopazo, Claus e o alacrán.

Fasme amor, de Laura Ramos Cuba, A situación actual.

Quen te tirou da burra, de Lucía Aldao, Todo isto antes era noite.

Xa non son quen, de Marta Dacosta, Labirinto ou memoria.

Tan lonxe non está o mar, de Pilar Pallarés, Tempo fósil.

E isso é o amor de Susana Sanches Aríns, Tu contas e eu conto.

 

Finalistas de Portugal:

Hotel em casa, de Adília Lopes, Estar em Casa

É com palavras que te vou guardar, de Alice Vieira, Olha-Me como quem chove

Perturba-me a ideia de morreres, de Aurelino Costa, Gadanha

Nómadas,de João Luís Barreto Guimarães, Nómada

Castanhas: uma dúzia, dois euros, de José Alberto Oliveira, De Passagem

Fachada, de Marta Chaves, Varanda de Inverno

I clipe para todos (Folhas unidas jamais serão perdidas), de Rosa Alice Branco, Traçar um nome no coração do branco

Aula de arqueologia, de Tatiana Faia, Um quarto em Atenas

Vou sempre trocar-te, de Valter Hugo Mãe, Publicação da Mortalidade

 Existe um elemento, de Vasco Gato, Um Passo Sobre a Terra

 

O certame aRi[t]mar Galiza e Portugal da música e da poesía galego-portuguesa é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago que nace co obxectivo de divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países.



x