‘A cicatriz branca’, un filme de Margarida Ledo: A nosa historia, contámola nós

‘A cicatriz branca’, un filme de Margarida Ledo: A nosa historia, contámola nós
Fotograma da 'Cicatriz branca'
Fotograma da 'Cicatriz branca'  

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galiza cara América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade . Eis a paisaxe de fondo sobre a que se constrúe o filme ‘A cicatriz branca’


Margarida Ledo Andión é a directora, e guionista, de ‘A cicatriz branca’, un filme galego e en galego ambientado en Bos Aires e no n os país e que xa se pode ver nalgúns cines de Galiza, coma nos vigueses Zona Norte, onde foi a estrea.

Eva Veiga, Tamar Novás, Lino Braxe, Mónica Caamaño ou Xoana Pintos son algunhas das protagonistas do filme

@s [email protected] responsábeis do filme falan del: “Dende comezo do século vinte as mulleres galegas que emigraban soas eran acollidas en Bos Aires polas Carmelitas Terciarias, as “Hijas de María” ou pola “Sociedad Protectora de la Joven Sirvienta”. Necesidade, abandono, agresións sexuais, nais solteiras… como causa, máis unha cidade distante e burlona, onde a meirande parte delas pasaron a ter a condición de “mucamas”, de “criadas de camadentro”. Está é a paisaxe de fondo para A cicatriz branca”.

A nosa historia, contámola nós

Milleiros de mulleres saíron soas de Galiza cara a América. “Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear”

Amplo elenco de grandes actores e actrices

Eva Veiga, Tamar Novás, Lino Braxe, Mónica Caamaño ou Xoana Pintos son algunhas das protagonistas do filme. A música é de Abe Rábade.

A produción corre a cargo de Nós (Produtora Cinematográfica Galega), CRTVG e Haddock Films.