As cinzas de Francisco Carballo volverán a Galiza

As cinzas de Francisco Carballo volverán a Galiza
F Carballo
F Carballo  

Como era o seu desexo, os restos mortais do historiador e teólogo nacionalista Francisco Carballo regresarán a Galiza. O sábado 13 de decembro, os seus restos serán soterrados en Asadur, a parroquia do concello de Maceda na que naceu. 


Unha semana despois da súa morte, os restos mortais de Francisco Carballo serán soterrados na súa parroquia natal de Asadur, Será o sábado día 13 de decembro nun acto que terá lugar ás 11.30 da mañá. Para o 27 de decembro está marcada unha homenaxe popular en Maceda. 

“Diante do clamoroso silencio institucional, o nacionalismo galego debe reivindicar e popularizar a súa memoria, a súa achega ao coñecemento de noso, da investigación e recuperación da nosa historia roubada, á dignificación, en definitiva da nosa nación”, sinalan desde o BNG, organización que anima a súa militancia a asistir aos actos de homenaxe a Francisco Carballo, un home que militou durante toda a súa traxectoria na causa de Galiza, cun compromiso ineludíbel na defensa da lingua, a cultura e a liberación nacional que se materializou tanto na súa práctica vital como nos seus estudos e investigacións. Francisco Carballo pasará á historia galega, entre outras razóns, por ser pioneiro na nosa contemporaneidade na defensa da necesidade dunha investigación histórica desde nós mesmos. 



x