ENTREVISTA A PEPE GALÁN, ESCULTOR

"Coa madurez tomas máis riscos e avanzas con seguridade"

"Coa madurez tomas máis riscos e avanzas con seguridade"
[Imaxe: Pepe Barro] Pepe Galán
[Imaxe: Pepe Barro] Pepe Galán  

Aa escultura galega contemporánea máis coñecida segue o ronsel dos grandes mestres do país na elección dos materiais, pedra e madeira, e nas técnicas asociadas a eles, cada quen ao seu xeito, pero Pepe Galán (A Coruña, 1955) bebe doutras fontes, non son as da Galiza rural, hai materia e técnicas da Galiza industrial.
 


5Nun encontro co Comité de Empresa de Navantia, na túa exposición en Ferrol, dicíaslles aos sindicalistas que verían na túa obra pezas que lembrarían cousas que hai na súa empresa, pola contra comentábaslles que ti poderías ver en Navantia moitas obras de arte... A vista e a cabeza son as que traballan...

Pois si, as técnicas que uso, o traballo no meu taller cortando chapa, soldando, lévanme a realizar elementos plásticos dese tipo, no momento de construír as ideas abrollan as referencias ao mundo industrial: o ferro levoume a iso, aos barcos que na Coruña teño diante dos ollos. 


 
Nas pezas de Pepe Galán hai ferro, cristal, cartón, tecido, e ademais, moitas veces os materiais preséntanse inicialmente prefabricados, son produtos que logo transforma ou manipula, como nas recentes series Encaixa ou Anguria, deixando ver a súa orixe, tamén aparecen os parabrisas dos carros, dos autobuses, cortados, esmagados, crebados...

Eu parto de construír, ensamblar, soldar, as miñas técnicas non son tallar nin labrar, esa é a diferenza coa tradición. Ademais, non facendo figuración é máis doado este camiño... Nos anos mozos eu pintaba, estaba influído polo expresionismo abstracto, pola pintura de acción... Si, tamén fixen un autorretrato hiperrealista en 1976, con vinte e un anos, pero quedou sen rematar... Traballaba óleo sobre lenzo, pero axiña quedei sen cores na paleta e o tecido comezou a avanzar desde o plano do cadro e coa tensión o lenzo fíxose volume.

Ti es fillo de xastre, traballaches no obradoiro familiar, mesmo tes a gala que aínda sabes cortar un traxe...
 

Pode ser, eu daquela tirei das miñas habelencias, debía aproveitalas... Ademais influíume moito o italiano Pistoletto (Biella, 1933), o fundador da Arte Póvera, el non se limita, manexa moitos materiais e valora os conceptos: eu camiñei cara aí e agora coa madurez teño menos medo e podo aventurarme, tomo máis riscos e procuro avanzar con seguridade. No camiño de facerte escultor caben moitas referencias, pero ao entrar no mundo conceptual podes prescindir da materia: é unha liberación... Na arte, a escultura é o máis custoso e o máis lento, en todos os sentidos.
 

[Podes ler a entrevista íntegra no número 303 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
 



x