ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

Todo pronto para o Culturgal 2018

Todo pronto para o Culturgal 2018
Un momento do Culturgal 2016
Un momento do Culturgal 2016  

A sexta feira 30 de novembro dará comezo a undécima edición do Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra. Durante toda a fin de semana o público poderá visitar máis de 80 postos adicados ás Industrias Culturais.

 


Literatura, música, teatro e tecnoloxía vanse dar cita nos tres días de duración do evento, que tamén contará con actividades como obradoiros, concertos ou encontros con escritores.

Entre os puntos fortes desta edición, NAO presentará o seu disco Ata que o lume se apague o sábado ás 20:30. Unha hora máis tarde, tocará o gaiteiro Carlos Núñez no marco da súa xira A irmandade dos celtas.

O domingo ás 18:30, a Editorial Galaxia presentará a súa colección feminista coas autoras Amada Traba, Carme Adán e Inma López Silva.

Unha das novidades este ano é a posibilidade de mercar a entrada combinada con autobús dende Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.

As entradas están dispoñíbeis na web do evento.



x