'Commedia' e 'Divinas Palabras Revolution', as obras máis nominadas dos María Casares

'Commedia' e 'Divinas Palabras Revolution', as obras máis nominadas dos María Casares
'Commedia', de Contraproducións.
'Commedia', de Contraproducións.  

Commedia, de Contraproducións, e Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, son as dúas obras con máis nominacións na 23ª edición dos Premios de Teatro María Casares: doce e 7, respectivamente.
 


Son 12 en total as producións que optan ás xerras deseñadas este ano por Paula Pereira -despois de que a Asociación de Actores e Actrices de Galiza decidisen prescindir das de Sargadelos, en protesta pola deriva da histórica compañía. A leituga, de Emedous con cinco, Invisibles de Redrum Teatro e Casa O'Rei, de Ibuprofeno Teatro, con catro cada unha son as seguintes candidatas.

divinas palabras revolution

O servidor de dous amos, de Talía Teatro; #camiños, de ButacaZero; Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro; A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos; Arnoia, Arnoia, de Pistacatro; Contos do Recreo, de Redrum Teatro; e Papatapúm, de Elefante Elegante, completan a nómina.

As categorías en que compite Commedia son: espectáculo, dirección -Cándido Pazó-, actriz protagonista -Nuria Sanz-, actor protagonista -Víctor Mosqueira-, actor secundario por tripla partida -César Goldi, Avelino González e Marcos Orsi-, adaptación -Cándido Pazó-, vestiario -Suso Montero-, escenografía -Suso Montero-, iluminación -Afonso Castro-, e música orixinal -Fernando Reyes.

Divinas Palabras Revolution faino en espectáculo, dirección -Xesús Ron-, adaptación -Manuel Cortés-, actriz protagonista -Patricia de Lorenzo-, actriz secundaria -Mónica García-, escenografía -Suso Montero- e maquillaxe -Fany Bello.

A gala de entrega dos María Casares, promovida pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza, será o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Nota: imaxe de Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego.