IMPROVISACIÓN ORAL

Compostela, capital do repentismo

Compostela, capital do repentismo
Regueifeiras do Proxecto Regueifesta
Regueifeiras do Proxecto Regueifesta  
A cuarta edición da mostra de improvisación oral en verso «De Repente, en Compostela» terá como núcleo temático o encontro do repentismo galego-portugués.

Organizada pola asociación ORAL de regueifa, coa colaboración da Deputación da Coruña, «De Repente, en Compostela» artéllase arredor do repentismo galego-portugués. Durante os días 18, 19 e 20 de novembro, actividades que van da música ao vivo a palestras desenvolveranse nun encontro interxeneracional con repentistas da Galiza e de Portugal, tornando Compostela na capital da improvisación cantada.

A terza feira 19, tres experiencias educativas que perseguen a modernización e actualización do repentismo nos seus territorios protagonizarán a xornada. Un festival reunirá a Regueifesta da Galiza, o Festcordel de Avanca (Portugal) e o Projeto Repentismo da illa da Madeira. Será no auditorio do IES Rosalía de Castro. O concerto de dous músicos do movemento improvisador da Madeira, Mário André e Roberto Moniz, con varias convidadas, fechará o día.

Na cuarta, a Mostra trasladarase a Baio, onde terá lugar o Encontro de Repente Interxeracional Galego-Portugués, no que participarán as novas xeracións bergantiñás da regueifa con varios regueifeiros de idade, ao carón dos repentistas portugueses.