A cultura de base galega convive e comparte ao pé dunha das paisaxes máis queridas de Manuel María

A cultura de base galega convive e comparte ao pé dunha das paisaxes máis queridas de Manuel María
Imaxes: Cedidas
Imaxes: Cedidas  

A choiva non quixo faltar ao Convivio da Cultura Galega. A VI edición deste encontro que organiza a Casa-Museo Manuel María reuniu en Outeiro de Rei xentes do activismo cultural de base de toda Galiza. O mal tempo obrigou suspender as actividades da tarde.


Activistas da cultura de base procedentes de diferentes lugares da Galiza citáronse este sábado en Outeiro de Rei, ao acubillo dun dos entornos máis queridos por Manuel María. Un encontro para convivir e para compartir experiencias e proxectos, para celebrar a cultura da Galiza, que é a cerna do Convivio da Cultura Galega, que este ano celebraba a súa VI edición.

convivio cultura galega 2Unha cita á que non quixo faltar a choiva, que se ben perdonou pola mañá, o que permitiu que se desenvolveran as actividades programadas para antes do xantar, xa quixo estar presente na comida campestre na carballeira e obrigou suspender a foliada da tarde.

A xornada comezou coa tradicional acollida das persoas participantes na horta da Casa-Museo Manuel María e co coro da asociación cultural e musical Solfa poñendo a banda sonora. Momento de encontros e reencontros. Desde alí, desprazamento para a ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro, onde o arqueólogo e dinamizador cultural Felipe Senén tomou a palabra. O concerto da Banda Municipal de Música Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro na carballeira de Santa Isabel puxo a previa ao xantar campestre.

onvivio cultura galega 3O que si se desenvolveu foi, no Auditorio da Casa-Museo, o encontro das entidades que fan parte da Federación Galiza Cultura e que compartiron experiencias e puxeron en común proxectos e retos.

“O obxectivo do programa é propiciar unha xornada de amizade e compañeirismo a través dunha festa galega e popular”, afirmana Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, nunha entrevista esta semana en Sermos Galiza. “Iniciamos o convivio hai seis anos sen estar moi certos do éxito de convocatoria, mais a traxectoria demostrou que si hai espazo e necesidade dunha celebración como esta”.