CONCURSABAN 8.740 OBRAS

A curta galega 'Matria', galardoada en Sundance

A curta galega 'Matria', galardoada en Sundance
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago.
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago.  

O cineasta Álvaro Gago (Vigo,1986) recibiu o premio do xurado do Festival de Cine de Sundance pola súa curtametraxe Matria. A curta aspira a deitar luz sobre o que entende como falso mito do matriarcado en Galiza.
 


O reparto do filme está integrado por actrices sen experiencia previa, na súa maioría mulleres da zona da Arousa. A vida de Francisca Iglesias Bouzón, actriz principal e amiga persoal do director, serviu como punto de partida e inspiración para levar a cabo o proxecto.

O Festival de Cine de Sundance é a cita máis importante da creación cinematográfica independente en Estados Unidos. Robert Redford fundou esta institución no ano 1981 co fin de apoiar novos artistas independentes, darlles voz e achegar as ferramentas necesarias para crear e prosperar no mundo do cinema.



x